Image Alt

Destinations

REPORICELO A nosa Aldea Abandonada

Quizais a historia máis significativa da Casa do Río  Cigüeño e dos seus señores é a súa especial relación coa figura do Santo Nazareno, patrón da vila do Barco. Aínda que pouco se sabe da orixe da figura, está documentada en 1690 a construción dunha capela na Casa de Riocigüeño para albergar a talla do santo Nazareno que era propiedade de Diego de Valcarce, pertencente á casa de Rio cigüeño.

Descoñécese por tanto o autor da talla, pero o imaxinario popular pasou de pais a fillos mantendo a historia viva da imaxe. A lenda conta que a talla foi feita dun tronco que un día de tormenta arrastraban as augas revoltas do río Cigüeño e que os criados recolleron ao seu paso pola leira do mesmo nome. O dono da casa ordenou que o tronco fose usado para facer lume no seu propia  lareira pero non houbo forza humana capaz de afundir o  machado na cortiza do tronco polo que tiveron que desistir no seu empeño. Foi nese momento cando o dono da casa dispuxo que se fixese con el unha imaxe buscando a un artista que levase a cabo o traballo. Conta a historia, que cando o escultor dispúxose a tallar a madeira esta, ao contrario que antes, volveuse branda como a manteiga. E de aí, daquel tronco de lenda, creouse a imaxe do santo Nazareno que se venera no Barco cada 14 de setembro.

Non é orgullo senón destino, e Reporicelo estivo destinada a quedar baleira aló polos anos 60. E por que tan pronto? Invitámosvos a coñecer a aldea de Reporicelo.

Casa abandoada en Reporicelo, O Barco de Valdeorras

Conduciremos ata a poboación de Oval e alí deixaremos o coche xunto a igrexa do pobo. A igrexa está situada á entrada, si accedemos pola localidade de Rubiá, e ao final, se accedemos desde o outro lado.

Desde este punto camiñaremos medio quilómetro ata chegar á aldea. O ambiente hai que vivilo. Existen restos de varias casas, da escola e un fermoso arroio que che encantará.

Saltando polas pedras río arriba hai unha fonte de auga á que merece a pena chegar si vas en verán. En inverno igual mellor non intentalo que as pedras son moi esvaradías e leva máis auga o regato de Reporicelo.