Image Alt

Destinations

O MIRADOIRO DE ALIXO

Se queres ter unha boa vista panorámica da poboación do Barco tes que visitar o miradoiro de  Alixo. Para chegar a el colleremos a estrada  N-536 en dirección a Sobradelo desde O Barco e deseguido atoparemos o desvío á dereita que nos indica o camiño cara ao miradoiro.

Pola carreteira haberá que subir co vehículo uns 6 quilómetros costa arriba en forma de eses e  chegaremos á poboación de  Alixo. Alí deixaremos o coche fronte ao centro Social do Pobo que conta cunha praza  cementada á súa ao redor que utilizaremos como aparcadoiro.

vistas desde o Mirador de Alixo, O Barco de Valdeorras

Desde aí, sepárannos uns 200 metros do miradoiro de  Alixo, e camiñaremos entre castiñeiros centenarios e acompañados do silencio ou de algunha compañía de veciños ou foráneos. Tras o agradable paseo, descubriremos o miradoiro nunha  pena ofrecéndonos unhas impoñentes vistas da vila do Barco, e do río Sil vindo desde Carballeda e desde a altura do seu alto enclave.