Agradable entorno e produtos de calidade elaborados con criterio e innovación. Recomendable comer nos soportais deste Pazo do século XVII reconvertido a Hotel Rural con encanto. Tamén hai menú diario a prezos ben módicos.
Cocina de calidade con selección de produtos comarcais cunha aportación de innovación e creatividade. Cartas renovadas e especialidades asturianas. Tamén menú do día servido con trato profesional.
Carnes á grela de primeira calidade, tortilla de Betanzos e viños de Valdeorras ben escollidos. En pleno Malecón Vello do Barco con vistas ao río Sil.
Especialidades en codillo á brasa, bacallao, carnes e peixes do día. Veterano restaurante con menú do día variado e trato esmerado. Conta cun patio exterior con mesas para o servizo de comidas e menú do día.
Gusto e tradición na elaboración do polbo. Carnes de tenreira e vaca. Tamén callos de primeira calidade. Teñen bodega propia de viño de Valdeorras de gran calidade con viñedos nos concellos do Barco e Larouco.
Veterano Restaurante no centro do Barco, situado fronte ao Hospital Comarcal. Cociña tradicional. Especialidade en banquetes.
Cociña tradicional con pratos de menú do día de temporada. No inverno moi recomendable o cocido e botelo. Restaurante sempre cheo con clientela moi fiel.
Un clásico renovado. O máis antigo dos restaurantes do Barco con preto de 50 anos de servizo a valdeorreses e forasteiros. Especialidade en pescados, mariscos e cabrito, outro rei da gastronomía valdeorresa.
Restaurante veterano na praza de Viloira. Tapas clásicas de pinchos morunos, pulpo ou calamares entre outras.
Restaurante ubicado en Viloira con carta e menú semanal. O restaurante ten capacidade para celebración de eventos.
Tapería no Casco Vello do Barco na que poder degustar ancas de rá, zamburiñas, puntillas, rabas de calamar e moito máis
Tapería no centro do Barco con tapas reconocidas como o “Palleiro” pero tamén táboas de ibéricos e queixos, croquetas caseiras ou carpaccio de xamón e aguacate.
Neste bar podes tomar unhas deliciosas tapas na praza detrás da igrexa de San Mauro. Recomendámosche probar o guacamole, o trío de tostas, as empanadillas ou os tacos abuelita.
Cun ambiente de viñoteca e especialidade en ibéricos, neste local pódense degustar as mellores táboas de xamón da vila: de 25 cm, de 50 cm ou de 1 metro. Tamén se poden completar con outros produtos ibéricos e queixos.
Na Praza Maior está a pizzería máis antiga do Barco e das primeiras pizzerías en Galicia. Pizzas de masa fina entre as que destacan: Tomatitos, Especial, Tropical ou 10 Queixos.
Situada no Casco Vello do Barco este local conta con gran variedade de pizzas. A súa especialidade son as Focaccias e tamén ten pizza calzone.
Especialidade en hamburguesas de calidade, pratos combinados e pizza, situado no Paseo do Malecón ao carón do río Sil e á beira do Camiño de Inverno.
Local sempre de moda, localizado en pleno Malecón Vello. Terraza con vistas so río Sil para desfrutar da brisa fluvial que alivia o calor valdeorrés do verán. Servizo esmerado e gran variedade de hamburguesas temáticas.
Situada nas instalacións da centenaria estación de ferrocarril barquense. As súas famosas hamburguesas son das máis elexidas polos valdeorreses. Terraza exterior con vistas á estación do tren.
Especialidade en pratos combinados, hamburguesas, bocadillos, sandwiches e pizzas para saborear nas súas amplas instalacións ou se o prefires na terraza do local, xunto ao Camiño de Inverno.
Este bar conta con platos do día e unha carta de hamburguesas para degustar.
Bar con menú diario de comida típica latinoamericana con especialidades propias en pratos de comida domicana.
Mítico bar de bocadillos no Barco que abre ás 6 da mañá. Un bo lugar onde degustar a tortilla picante, o sándwich mixto rebozado, o bocadillo vexetal, ou moitas outras opcións.
Situado no Paseo do Malecón conta cunha carta con hamburguesas de ternera, de boi e de polo. Tamén ofrecen novidades como o sushi.
Bar xunto ao Hospital Comarcal de Valdeorras no que degustar os seus almorzos, sándwiches e bocadillos. A especialidade da casa son as hamburguesas.
Cunha decoración con toques de boleira americana neste café-bar podes tomar platos combinados, racións, bocadillos, sándwiches e hamburguesas.
Neste local podes tomar unha crêp rechea de carne picante ou polo con espinacas, tamén degustar pizzas e sándwiches ao estilo arxentino.
Este local está situado nas instalación da gasolineira de Veigamuíños e además de almorzos atoparás unha carta de bocadillos.
Este establecemento ten un amplo horario de cocina e servizo de entrega a domicilio. Ademáis dos pertinentes kebab tamén hornean pizzas variadas.
Situado preto das piscinas municipais de verán do Barco atópase este establecemento onde se elaboran kebabs. Conta con servizo de entrega a domicilio.
Ademais da pulpería da vila (Pulpería El Dorado) O día 6 de cada mes na feira de Viloira (Praza Otero Pedrayo de Viloira) durante a mañá establecen polbos ata despois do xantar.
Tamén hai 2 pulpeiros todos os domingos no centro da cidade: un diante do Bar Zapata e outro diante do Bar la Galería.
Case 20 anos leva este establecemento, pioneiro no servizo de comidas a domicilio, prestando servizo a barquenses e visitantes. Cociña caseira e pratos variados: peixe, carnes, guisos, cocido, pratos de culler, hamburguesas e agora tamén Kebab.
Comida para levar: asados de cordeiro e cabrito, peixe, tortillas, guisos. Vinoteca para elixir entre unha ampla variedade de viños da Denominación de Orixe Valdeorras. Tamén cafetería con excelentes almorzos.
Antigo restaurante de toda a vida no Barco. Hoxe reconvertido a cafetería cun servizo profesional, variedade de viños de Valdeorras e, para levar, tortillas únicas e callos caseiros que nos lembran aos deliciosos pratos de toda a vida deste local emblemático e céntrico.
Vistosas instalacións con comedores acolledores, tamén para banquetes. Trato moi profesional e cociña de calidade. Na veciña parroquia de Arcos.
Todo un complexo de hostalería e restauración. Comedores exteriores e interiores con espléndidas vistas ao val do Sil. Cociña renovada de calidade e pratos sorprendentes. Carta ampla e de calidade axeitada para todos os gustos.
En pleno Camiño de Inverno e con vista desde o seu comedor á Ponte Nova de Sobradelo. Especialidade en Bacallao. Tamén se pode degustar carnes á brasa e cociña tradicional. Trato familiar.