A Pincheira de Fervenza tamén chamada Pincheira de Portomao, é unha caída de auga duns 25 metros de altura situada moi próxima ao pobo de Fervenza, a uns 7 quilómetros do Barco. Tras deixar o coche na zona destinada para elo, accederemos á pincheira tras camiñar 2,5 quilómetros desde o pobo de Fervenza ata o devandito enclave por unha pista de terra que transcorre entre prados e castiñeiros. No medio do camiño, atoparémonos co Miradoiro da Pincheira que conta cunhas impoñentes vistas ao val do Sil.