Image Alt

Destinations

O MOSTEIRO DE XAGOAZA

O Mosteiro de  Xagoaza, un lugar silencioso e con gran encanto, atópase a poucos minutos do centro do Barco.

No lugar atoparémonos a igrexa de San Miguel de  Xagoaza cuxa porta sur e a ábsida  semicircular con xanela xerminada, deixan constancia da orixe  románico da construción. A igrexa está datada no século  XII e a cruz de Malta  esculpida sobre a porta principal da igrexa lémbranos que foi un lugar administrado pola Orde de San Xoán de Xerusalén.

O Mosteiro, adxacente á igrexa, é unha sobria construción do Século  XVIII, convertida en moderna adega para a elaboración de viños de  godello que conta cunha adega-cova escavada na roca. A historia do Mosteiro de  Xagoaza, agora ligada á unha adega, estivo moi relacionada co Camiño de Santiago sendo lugar de acubillo durante varios séculos de peregrinos que pasaban polo  Camiño de  Inverno na súa peregrinación a Santiago.

mosteiro de Xagoaza e igrexa de San Miguel de Xagoaza, O Barco de Valdeorras

A contorna do río Mariñán, e a paraxe natural que rodea o Mosteiro e Igrexa de San Miguel de  Xagoaza, son o complemento perfecto para realizar a visita a este conxunto arquitectónico. Seguindo o río augas arriba chegaremos a un lugar cheo de maxia: unha rústica ponte dun arco ao pé das ruínas dun muíño, que entre a densa vexetación e ao son das augas do río Mariñán, transportaranos a outro tempo.

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipisicing elit sed.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies