SENDEIRISMO
O Barco e Valdeorras, e en xeral a comarca de valdeorras, é un territorio especialmente configurado para facer deporte na Natureza xa que se presta para a práctica deportiva grazas á orografía montañosa e de ribeira que configura o val, e por suposto a que temos un magnífico río e varios alfluentes do mesmo no que poder facer actividades acuáticas.
Se a ti o que che gusta é camiñar, no concello do Barco dispoñemos de varias rutas cos seus respectivos mapas e arquivos gps, para que podades coñecer o noso concello a través da Ruta Monumental, Ruta da Pincheira, Ruta do Mirador de Alixo, Ruta do Río Galir, ou Ruta das Tres Penas Marías. Podes descargar a info e mapas destas e outras rutas na sección folletos dixitais.
Rutas no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra
O Parque Natural Serra da Enciña da Lastra tamén é o lugar ideal para realizar rutas de sendeirismo mentres divisamos as espectaculares vistas do río Sil ao seu paso polo concello de Rubiá. Cando o visites descubrirás aves rapaces, especies de orquídeas algunhas únicas no mundo ou fermosas volvoretas.
Achégate de forma presencial ao Centro de Visitantes do PN Serra da Enciña da Lastra situado en Biobra.
Horario de Marzo – Abril 2026
Venres, sábado e domingo
10:30-14:30
16:00-18:00
Horario de Maio a setembro 2026
Venres, sábado e domingo
10:30-14:30
16:00-19:30
Teléfonos de luns a xoves 988386376
de venres a domingo 988783055