Image Alt

Destinations

Viño de Valdeorras

A viticultura é un legado que Valdeorras segue a manter, e aínda que hai evidencias da existencia de viño anterior aos romanos, foi nesa época na que a vide se converteu na clara protagonista da paisaxe natural deste val xunto coa compañía dos soutos de castiñeiros.

A denominación de orixe Valdeorras é o berce duns viños que non deixan de sorprender aos viaxeiros e, aínda que o godello e a mencía son as variedades máis recoñecidas, as adegas valdeorresas tamén elaboran sousón, garnacha tintureira, e moitas outras coupages de variedades que agradan o padal dos que visitan as terras valdeorresas.

Destacar sobre todo a existencia de Covas Tradicionais escavadas na terra para a garda do viño polo seu frescor e humidade. Existen varias zonas na comarca nas que existen covas que poden visitarse para coñecer estas marabillas da arquitectura tradicional. Algúns dos respiradoiros que teñen estas covas, que gardan similitude con chemineas e están feitos na súa maioría en pedra de louxa, son hoxe en día monumentos tradicionais na nosa comarca.

Asociación Ruta do Viño de Valdeorras

Se o que queres é coñecer unha bodega, visitar unha viña ou visitar unha cova tradicional, tes que achegarte á páxina da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras onde atoparás todos os contactos das bodegas que pertencen á mesma e que serán necesarios para organizar a túa visita.

Se queres probar os viños de Valdeorras non deixes de pedilos nalgún dos bares, restaurantes ou cafeterías da nosa comarca, estamos seguros que atoparás onde tomar un viño que che resulte apaixonante, nun lugar que atopes encantador. Aquí neste enlace atoparás a Guía de restauración do noso concello (ir a FOLLETOS DIXITAIS), onde atoparás os restaurantes que atoparás no noso concello e os seus contactos.

Consello regulador da D.O.

Para ampliar os coñecementos sobre viños de Valdeorras achégate á páxina do Consello Regulador da DO Valdeorras onde poderás coñecer todas e cada unha das bodegas e tamén todos os viños do noso territorio adscritos ao selo da Denominación de Orixe dos Viños de Valdeorras

Visitar unha cova tradicional

En Valdeorras existen covas en todo o territorio e excavadas en diferentes solos: barro, pizarra, pedra, etc.

Na comarca están localizadas en torno a mil covas e permanecen aínda en mans familiares, é dicir, a veciñanza de Valdeorras segue a desfrutar das covas coa súa familia e amizades.

Un bo momento para coñecer os entramados de covas existentes en diferentes puntos do territorio son as “Rutas das Covas”, eventos festivos en torno ás covas que se celebran en diferentes momentos do ano.

A máis multitudinaria de elas é a “Festa das Covas de Vilamartín” que se celebra o primeiro sábado de agosto, pero tamén podes acudir en Semana Santa á “Ruta das Covas de Seadur” que se celebra o sábado de Pascua ou á “Ruta das Covas de Arcos” que se leva a cabo en torno ao 15 de xullo.

Exiten tamén outros eventos similares que se realizan nas bodegas das casas en vez de en covas tradicionais como son a “Convivencia nas Adegas de Oval” que ten lugar o sábado anterior ás Festas de San Bartolo de Rubiá, ou a “Ruta das Bodegas de Petín”, na última fin de semana de agosto.

Visitas organizadas

Se prefires unha visita xa organizada, tanto a bodegas como a viñas ou a covas tradicionais, podes falar coas dúas empresas de enoturismo que existen na nosa comarca: Valdeorras es Vino, y Enoturismo Galicia, que saberán organizar a cita ao teu gusto e baixo os teus requisitos.

Comprar Viño de Valdeorras

Se o que queres é comprar viño de Valdeorras existen tendas especializadas que seguro che encantará coñecer. Na localidade do Barco temos Asados y Bodega Peyma (Av. Marcelino Suárez, nº21, 32300 O Barco, 988 68 48 06) con referencias de moitas bodegas de Valdeorras. En A Rúa, temos a única viñoteca da comarca, rexentada pola enóloga Cecilia Fernández (Av. Campogrande 70, Bajo, 32350, A Rúa, 988 00 81 68) e que conta con máis de 100 referencias de viño, licores e espumosos de Valdeorras.

Comer ou cear dentro dunha cova tradicional

Se queres comer ou cear dentro dunha cova tradicional, tes que poñerte en contacto coa Cova da Xabreira en Seadur, onde con reserva previa, poderás desfrutar do único restaurante-cova de Valdeorras.

Empresas de Enoturismo

Valdeorras es vino

Visitas guiadas a varias adegas e diferentes covas tradicionais de Valdeorras. Paseos temáticos polos viñedos en chans de louxa da Denominación de Orixe de Valdeorras. Catas comentadas e temáticas. Imprescindible para visitantes e valdeorreses que busquen deleitarse cun dos nosos principais valores turísticos e económicos: o viño de Valdeorras, berce da uva godello e o único viño do mundo garantido 100% godello.

Enoturismo Galicia

Coñecer as variedades de uva e viño, captar os seus aromas e sabores, catar viños de diferentes variedades e anadas. Probar e gozar dos viños de Valdeorras na propia comarca é unha experiencia única e o principio dunha relación da amor coa uva de godello ou de mencía. Posibilidade de realizar visitas con Segway reservando con antelación.

Viñoteca Enóloga Cecilia Fernández

Coñecer as variedades de uva e viño, captar os seus aromas e sabores, catar viños de diferentes variedades e anadas. Probar e gozar dos viños de Valdeorras na propia comarca é unha experiencia única e o principio dunha relación da amor coa uva de godello ou de mencía. Posibilidade de realizar visitas con Segway reservando con antelación.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies