Xunto coa inauguración da estrada Ponferrada-Ourense, no ano 1902 inaugurouse tamén a Ponte de San Fernando e deixou de empregarse a Barca do Sil para cruzar o río.
Xunto coa inauguración da estrada Ponferrada-Ourense, no ano 1902 inaugurouse tamén a Ponte de San Fernando e deixou de empregarse a Barca do Sil para cruzar o río.
Pero ao final “o río colle o que é del”, e iso sabémolo ben a veciñanza do Barco como ao recordar o que ocorreu na riada que o 27 de decembro de 1959 derrubou a ponte de San Fernando, ata ese momento un sinal emblemático da vila. Co seu derrubamento, a ponte levou a vida de Manuel Conde “O Monfortino”, zapateiro na rúa de San Roque, que fora a mirar se o perigo era tanto como dicían. Agustín Isla, veciño de Viloira, salvou a vida polos pelos cando correu para poñer a súa vida a salvo vendo que a ponte caía e quedando as súas pernas colgando no baleiro.
Durante anos, os restos da antiga ponte quedaron derrubados no Sil, con parte dos seus piares aínda ao descuberto e ata eles nadaba o público infantil e adulto que gozaba do río. Hoxe, queda daquela ponte, o miradoiro da Ponte de San Fernando que nos permite ter unha perspectiva estupenda das augas do Sil.