Image Alt

Destinations

Descubre a Comarca de Valdeorras

Valdeorras é un tesouro por descubrir entre ríos e montañas. Falar de Valdeorras é falar de viño, do río Sil, de soutos de castiñeiros, de natureza en estado puro, e de paisaxes que impresionan e  serenan a un mesmo tempo.

Descubrirás un río marabilloso, dous camiños milenarios e miles de experiencias para gozar, estas son só algunhas das razóns polas que debes visitar O Barco tan pronto como poidas.

O MALECÓN (CONCELLO DO BARCO)

O Barco é capital da comarca de Valdeorras, o concello con máis habitantes, con máis ambiente comercial e con máis servizos. Na sección DESCUBRE O BARCO descubrirás todos os seus recunchos pero se temos que elixir un só, quedámonos con que coñezas O Malecón.

Se vas ao Barco o primeiro que tes que visitar é O Malecón, onde a vista do río e das súas beiras acompañaranche nun agradable paseo entre o verde da herba e as árbores, e a azul da auga e o ceo. Encantarache observalo todo: os patos, as garzas, as londras, os paxaros, os salgueiros e a herba… todo a pé de río.

A praia fluvial máis antiga da provincia de Ourense espérache para relaxarte? nos meses de verán e rebaixar o calor.O resto do ano poderás gozar tamén desta paraxe a pé de río  atemporal que conseguirá sorprenderte en cada estación.

O Malecón, no centro mesmo do Barco, ofrece á veciñanza- e tamén aos visitantes-  un lugar de lecer e goce envexable, xa que conta con parques infantís, bares, restaurantes, praia fluvial, carril bici, piscinas, skatepark, etc. No seu percorrido ao longo do paso do río pola vila poderás desfrutardas súas terrazas, da súa esencia de río e da súa xente.

O río Sil é un todo coa vila do Barco e o mellor lugar para descubrilo é O Malecón.

Pero ademais do Malecón temos outros lugares por descubrir: a pincheira de Fervenza, o miradoiro de Alixo, a Casa Grande de Viloira, a vila do Castro, Xagoaza, etc, e tamén secretos moi ben gardados como o Barranco do Arroio Candís, un paraxe de gran beleza no que practicar barranquismo ao pé do Barco.

Máis info:

Turismo Concello do Barco

Descubre O Barco

Actividades no río: Barranquismo, kayak, rafting, etc., en toda a comarca de Valdeorras

SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA (CONCELLO DE RUBIÁ)

Biodiversidade, Natureza, rutas para camiñar e espectaculares vistas dos canóns do río Sil na súa entrada a Galicia,coa presenza continua dos Penedos de Oulego, unha grande formación cárstica que é o selo de indentidade por excelencia deste territorio. Pero tamén te impresionarán as súas máis de cen “palas” ou covas subterráneas, os miradoiros, as orquídeas silvestres, o avistamento de aves e fauna autóctona, algunhas delas únicas en Galicia. Pero sen dúbida serán os solpores no parque, cheos dunha luz espectacular e máxica, os que marcarán a diferenza.

A Serra da Enciña da Lastra, localizadana súa totalidade no concello de Rubiá, foi declarada Parque Natural no ano 2002 pola súas singularidades naturais, destacando como unha das escasas formacións calcáreas de Galicia. Trátasedun macizo cárstico con formacións xeomorfolóxicas como farallóns, cortados, ou as súas espectaculares “palas” ou covas nas que podemos atopar estalactitas e estalagmitas, e nas que se atoparon inclusive restos do oso das cavernas e ata de ancestrais restos de arrecifes de coral.

Estamos a falar dun territorio de máis de 3.000 hectáreas que destaca pola súa alta biodiversidade. En canto á vexetación, aquí conviven soutos de castiñeiros con bosques de aciñeiras e podemos atopar o maior número de especies de orquídeas da nosa comunidade, representando o 69% das representadas e sendo algunhas únicas no mundo. Tamén atoparemos matogueiras, salgueiras, e os únicos tomiñares conservados da comunidade autónoma e outras especies como o érbedo, a madreselva mediterránea, as xaras ou a lavanda.

En canto á fauna, destacaremosa existencia dunha das colonias de morcegos más rica do noso territorio, pero tamén a dos lepidópteros únicos en Galicia que poden verse unicamente nesta terra.  Ligado o ecosistema do río Galir, destacaremos o cangrexo común ou cangrexo de río, pero tamén as 194 especies que viven no espazo natural do río como peixes, réptiles, anfibios, mamíferos ou aves. Recordar que o parque é zona de especial protección de aves (ZEPA) co maior número de especies niñificantes da comunidade galega, destacando especies coma o picogrueso, o treparriscos, o roquero solitario, a pomba das rochas ou o alimoche común. Non debemos tampouco olvidar que é relativamente sinxelo ver voar á aguia real, o bufo real ou á aguia culebreira europea.

Pero existen tamén nesta serra exemplos do patrimonio etnográfico e natural do territorio en forma de xacementos arqueolóxicos de diferentes épocas históricas como os castros de Pena Zamora (Biobra) ou Pena León (Covas), sen esquecer os restos da antiga Vía Nova romana que unía Braga con Astorga.

En canto ao patrimonio histórico ou artístico destacaremos a Igrexa do Real e a igrexa de Santo Estevo de Pardollán, esta última abandonada, pero unha das poucas igrexas románicas  deste territorio e que se atopa enclavada nun paisaxe natural de gran beleza.

Ademais, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, existen tamén multitude de construcións para a explotación dos recursos agrarios e gandeiros do territorio que tamén merecen atención como son os colmeares, caleiros, fontes, lavadeiros, fornos comunais, muíños, pombares ou casas tradicionais que son unha boa mostra da arquitectura da zona.

Por último, e non por iso menos importante senón quizais o máis impresionante, recomendamos gozar das vistas aos canóns do río Sil nos espectaculares miradoiros destinados a tal fin e por suposto, gozar das postas de sol na Serra da Enciña da Lastras, un dos espectáculos da comarca.

Máis info:

Turismo Concello de Rubiá

Recomendamos poñerse en contacto co Centro de Visitantes para a realización de rutas para camiñar no parque para organizar a visita e realizar a actividade coa maior seguridade posible.

Centro de Visitantes do PN Serra da Enciña da Lastra (Biobra)

988 783 055 – Venres a Domingo – 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.30

 

Na Serra da Enciña da Lastra podemos atopar tamén mel de alta calidade e actividades enoturísticas: https://omarquesado.com/apiturismo/

O BARRANCO RUBIO (CONCELLO DE A RÚA)

Unha subida cara o ceo de Valdeorras é o que sentirás ao visitar este miradoiro de case 800 metros de altitude, mentres gozas dunhas espectaculares vistas do Encoro de San Martiño, A Rúa, Petín e o val do Sil ao seu paso por Valdeorras.

O miradoiro do Barranco Rubio, situado na escarpada ladeira norte da comarca no concello da Rúa, é un ascenso de case 800 metros de altitude sobre o nivel do mar para contemplar a visión panorámica que nos ofrece. No ascenso, e tamén desde o miradoiro, poderemos observar cara o sur unhas vistas amplas e significativas. Os núcleos de Petín e A Rúa, así como o encoro de San Martiño ao completo, poden observarse desde alí e tamén as grandes extensións de viñedo que perfilan a ladeira aproveitando as bondades do clima do val.

O miradoiro, situado como dicíamos na parte norte do val, permite ver a Serra de Cereixido, continuación dos Montes do Courel e onde terminan as terras de Valdeorras.

Máis info:

A subida pode realizarse en coche ata o pé do miradoiro pero teremos en conta que a subida ten unha elevada pendente polo que debemos circular con precaución.

Ao miradoiro accederemos a través do núcleo de Fontei, en A Rúa, seguindo as indicacións marcadas.

Concello de A Rúa

O TEIXADAL (CONCELLO DE CARBALLEDA)

O Teixadal é unha xoia botánica a nivel mundialxa que se trata dun dos bosques de teixos máis antigos que existen en Europa e o maior bosque desta especie que hai en España. Case cincocentos teixos, que en algúns casos chegan aos cincocentos anos de idade. Como dice Eduarno Olano, entrar no Teixadal…

“ é entrar nunha catedral onde en vez de pedrashaiárbores. O bosque infunde un respeto incrible. Estamos ante árbores que miran para nós, un ser vivo que leva xaunhasxeneracións anteriores a nosavivindo e que seguirá…É o bosque de teixosmáis importante de España e mellor conservado”.

O Teixadal está situado a 1320 m. de altura e orientado ao norte dentro do espazo montañoso de Pena Trevinca, ao abrigo de tres grandes picos do Macizo: Pena Negra (2123 m.), Pena Surbia (2112m.) e Pena Trevinca (2127 m.), esta última cima, a máis alta da comunidade galega. Pero ademais dos teixos, tamén hai outras especies de árbores como pradairos, carballos, acivros, etc. e unha fauna variada que mora no seu territorio. O Bosque está atravesado ademais polo Regato do Penedo que recorre o Teixadal de arriba a abaixo e que se xunta máis tarde co regato de Castaño e formando despois o regato de San Xil.

En concreto o bosque ocupa un territorio de máis de 2 Ha. e contén case medio millar de exemplares de teixos.A antigüidade dos exemplares podería alcanzar en algúns casos os 500 anos de vida, aínda que na maior parte deles a idade non supere os 300 anos. No libro  “El Tejo y el Teixadal de Casaio Ourense” de Eduardo Olano Gurriarán, o autor faicertasclasificaciónscomo son os teixos esbeltos, os multitronco, os embruxados, os caídos, os eivados, os que son lenda, os suxerentes, etc., pero sobre todo deixa claro que todos os exemplares son fundamentais e fainos reflexionar sobre a súa importancia.

No entorno do Teixadal recomendamos ver tamén a capela de San Xil vello, as antigas minas de extracción de Volframio de Valborraz en Casaio, a Cidade na Selva dos maquis e as pinturas rupestres atopadas no entorno do bosque.

Máis info:

Concello de Carballeda de Valdeorras

Non recomendamos en ningún caso que os visitantes se acheguen sos a o bosque do Teixadal sen coñecemento do terreo. Aquí tedes o nome das dúas empresas coas que podedes contactar para facer esta visita de forma guiada e segura.

Eco dos Teixos – Actividades Deportivas/Albergue Turístico

+34 669 724 206  –   ecodosteixos@gmail.com

https://www.instagram.com/ecodosteixosalbergue/

 

Rutas Xanzá – Sendeirismo e BTT

649 53 80 28  –  info@rutasxanza.com

www.rutasxanza.com

O BAÑADOIRO (CONCELLO DE VILAMARTÍN)

O Bañadoiroé a área recreativa ao pé do río Sil que se atopa na localidade de Vilamartín de Valdeorras, en pleno Camiño de Inverno a Santiago. A paisaxe, marcada polo encoro de Santiago, invita ao paseo pola beira do Río Sil, e a pasarela peonil que une Vilamartín con Penouta, permítenos gozar de ambas marxes do río e sacar unhas panorámicas espectaculares desta zona.

Estamos a falar de máis de dez hectáreas de paseo ao longo do río gozando das vistas en torno ao encoro de Santiago, en Valencia do Sil.Ademais atoparémonos entre frondosos castañeiros, piñeiros e nogueiras, e diversas especies animais poderán ser avistadasno noso recorrido.

Nesta zona, ademais do magnífico paseo que se nos ofrece xunto ao río, atoparemos bancos e mesas de pedra que conforman un merendeiro para poder tomar un tentempé e inclusive unha zoa de grella para asar.

Tamén atoparemos no espazo do Bañadoiro: as piscinas municipais, o polideportivo municipal, o campo de fútbol e o albergue de peregrinos da localidade, e inclusive un parque infantil para pasar un rato cos máis pequenos.

Na capital de este concello, o pobo de Vilamartín, é onde se celebra a multitudinaria Ruta das Covas de Vilamartín na que miles de persoas gozan dunha xornada festiva entre viño e amigos, coa cunca e o pano como compañeiros, e acudindo de cova en cova (de bodega en bodega) probando os viños e as viandas que lles ofrecen os adegueiros no percorrido.

Máis info:

Vilamartín ten unha larga tradición en canto a viticultura, contando con diversas bodegas que ofrecen visitas enoturísticas e coa maior concentración de covas de garda de viño da comarca.

Concello de Vilamartín de Valdeorras

 

Para actividades enoturísticas podedes contactar con dúas empresas especializadas:

http://www.valdeorrasesvino.es/

https://enoturismogalicia.es/

A PONTE DA CIGARROSA (CONCELLO DE PETÍN)

A Ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, divide – e une ao mesmo tempo– aos concellos de A Rúa e Petín.  Foi construída no século XVI sobre unha ponte romana anterior a esta que formaba parte da Vía Nova ou Vía XVIII romana que unía Braga con Astorga, e foi novamente reformada no século XVII. A ponte, de gran beleza debido á súa situación respecto do encoro de San Martiño e a luz que reflexa no río, contén cinco arcos e catro piares e está feita en pedra. No arranque da Ponte, no lado de Petín, podemos contemplar o miliario con epigrafía máis antigo de Valdeorras, de tempos do emperador Nerva, no século I.

Se cruzas a ponte desde A Rúa cara Petín, nun curto paseo chegarás á localidade petinesa que conta cun fermoso casco vello no que perderse entre as pedras e as casas das súas rúas. Tomar un refrixerio na praza e  visitar o Museo da Cervexa que conta cunhas espectaculares vistas do encoro de San Martiño son outros atractivos deste concello.

Debes achegarte tamén en Petín á igrexa de Santa María de Mones para ver as mellores vistas da marxe esquerda do río Sil ademais do patrimonio relixioso que contén o edificio.

AS PRAIAS DE ALTA MONTAÑA (CONCELLO DE A VEIGA)

No concello de A Veiga existen dúas praias de alta montaña que contan con todos os servizos para gozar dunha experiencia de praia pero a case 1.000 metros de altitude sobre o nivel do mar.

A Praia dos Franceses, o areal por excelencia e máis coñecido do Encoro de Prada, ofrece aos visitantes un embarcadeiro e pantalán de baño que conta cunha estrutura flotante e un trampolín. Tampouco faltan  áreas de recreo, zona de xogos para os pequenos, e é posible alugar piragüas, pedaletas ou kayaks, e tamén un catamarán para pasear polo encoro na época estival.Esta praia está dotada tamén de aseos públicos, duchas e servizo de socorrista durante os meses de xullo e agosto. Tamén durante os meses de verán é posible participar na escola de piragüismo e padel surf.

Fronte á Praia dos Franceses, atópase a Área Recreativa do Coiñedo, o outro espazo de baño de A Veiga, que conta con servizos similares á Praia dos Franceses con duchas, zona de praia, merendeiros e outro embarcadoiro para alugueiro de elementos de paseo polo encoro.

O concello da Veiga é Destino Starlight Internacional, que significa que os seus ceos son de gran calidade para ver as estrelas, sen contaminación lumínica. Tamén merece a pena a visita as lagoas glaciais de Ocelo e A Serpe, e o paseo a Cántara da Moura para descubrir os bolos graníticos e sobre todo para coñecer a súa lenda.

AS ERMITAS (CONCELLO DE O BOLO)

O Santuario das Ermitas é, sen lugar a dúbidas, a construción máis emblemática e tamén a máis impresionante de toda a comarca valdeorresa. Este edificio barroco está situado no canón do río Bibei nun entorno natural espectacular que pode divisarse desde a propia estrada antes de chegar ao santuario ou ben , se queremos observalo cunha perspectiva un pouco máis lonxana, desde o miradoiro de Cambela.

O santuario das Ermitas é de estilo principalmente barroco e ten a súa orixe inicial na virxe prerromana descuberta por uns pastores nunha cova das inmediacións ao santuario. O pobo, tras o descubrimento da talla, loitou para construíulle unha capela sinxela á virxe para albergala e venerala.

Pero no ano 1624 o prelado astorgano D. Alonso Messía de Tovar –que tiña unha doenza complicada e con moi mal pronóstico–  foi curado milagrosamente por obra da Virxe das Ermitas segundo el mesmo asegurou.  Esta foi a razón pola que o prelado, ao descubrir a pequena capela que albergaba ata ese momento á virxe das Ermitas, mandou construír unha gran igrexa dunha soa nave , que foi o inicio do conxunto arquitectónico que podemos visitar hoxe en día.Despois desta construción inicial, fóronse sumando outras edificacións complementarias, como a casa para acollida de peregrinos ou o mesón para mellora do servizo a romeiros, que completaron a configuración actual do conxunto.

A igrexa consta de tres naves e dúas torres de cinco corpos situadas en ambos laterais. A esquerda da mesma atopamos a balconada cara o canón do río Bibei e á dereita atopamos as edificacións auxiliares que foron lugares de fonda e acubillo das persoas que peregrinaban ata alí, pero tamén as edificacións destinadas a Escola de primeiras letras, e finalmente, a partir de 1945, o Seminario Menor dependentede Astorga que funcionou ata mediados dos anos 60 do pasado século.

Destacaremos no interior da igrexa a existencia de ata 8 retablos entre os que destaca principalmente o Camarín que está dedicado á Dormición da Virxe -representación pouco empregada na imaxinería relixiosa-, o exvoto en forma de galeón colgado no centro da igrexa, e sobre todo a imaxe da Virxe das Ermitas no retablo principal.

Pero debemos destacar tamén, fóra dos muros da igrexa, as quince capelas que forman o famoso Vía Crucis barroco que data do século XVIII e que está formado por catorce “nichos” ou capelas, que conteñen os pasos do “Calvario” de Xesús en tallas de tamaño natural. Ao longo de máis de 1 km., poderemos ver un total de 62 tallas nestas capelas. O Vía Crucis do Bolo, xunto co de S. Carlos Borromeo en Italia e o Bom Jesús de Braga en Portugal, son os tres monumentos deste estilo conservados en Europa.

Para acompañar a nosa visita temos moi preto o Castelo Medieval de O Bolo, o Bañadoiro das Ermitas, a capela románica dos Navallos, o balneario abandonado de Mondón ou os espectaculares miradoiros que se poden visitar no concello.

Máis info:

Para máis información e para organización de visitas tanto ao Castelo como a As Ermitas, contactar co concello:

–  Concello de O Bolo

AS COVAS (CONCELLO DE LAROUCO)

A Denominación de Orixe dos viños de Valdeorras ten unha peculiaridade que non se pode atopar noutras DO da comunidade autónoma: As Covas. Estas, son unhas construcións para a garda do viño que están escavadas no barro e que se atopan baixo as propias viñas. Estas construcións poden verse por toda a xeografía valdeorresa con notable importancia no concello de Larouco e de Vilamartín de Valdeorras, onde existen centenares de covas repartidas entre diferentes localidades.

O Camiño das Covas de Seadur, no concello de Larouco, conta con máis de medio centenar de estas construcións, que teñen como uso principal a convivencia, hospitalidade e conversación en torno a un vaso de viño.

Ademais do Camiño das Covas, Larouco é un municipio rodeado por tres ríos: o Bibei, o Xares e o río Sil, polo que esta condicións marca unha paisaxe de vales e canóns fluviais espectaculares que merece a pena coñecer, máis cando circulamos pola OU-536 cuxo recorrido se axusta case ao milímetro, ao trazado da Vía Nova ou Vía XVIII que os romanos construíron para unir Braga con Astorga. Este percorrido, denominado “os Codos de Larouco” lévanos a cruzar a Ponte Bibei, en pé desde a romanización e que aínda cumpre a función de unir a comarca de Valdeorras coa de Trives. Dous mil anos de historia en pé e en uso.

Lagares rupestres, castros, restos perrománicos, … non deixes de visitar Larouco.

Máis info:

Restaurante/Adega Cova da Xabreira (Seadur)

–  Cova da Xabreira

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies