Image Alt

Destinations

O MALECÓN

Se vas ao Barco o primeiro que tes que visitar é O Malecón, onde a vista do río e das súas beiras acompañaranche nun agradable paseo entre o verde da herba e as árbores, e a azul da auga e o ceo. Encantarache observalo todo: os patos, as garzas, as londras, os paxaros, os salgueiros, os sauces choróns e a herba… todo a pé de río.

A praia fluvial máis antiga da provincia de Ourense espérache para relaxarche nos meses de verán e rebaixar o calor o resto do ano poderás gozar tamén desta paraxe a pé de río  atemporal que che gustará en cada estación do ano.

O Malecón, no centro mesmo do Barco, ofrece á veciñanza e tamén aos visitantes un lugar de lecer e goce envexable, xa que conta con parques infantís, bares, restaurantes, praia fluvial, carril bici, piscinas, skate  park, etc. No seu percorrido ao longo do paso do río pola vila encantaranche as súas terrazas, a súa esencia de río e a súa xente.

O río Sil é un todo coa vila do Barco e o mellor lugar para descubrilo é O Malecón.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies