Image Alt

Máis de 50 coches clásicos nas carreteiras valdeorresas na II Ruta Valdeorras Clasic

Máis de 50 coches clásicos nas carreteiras valdeorresas na II Ruta Valdeorras Clasic

Os coches clásicos realizaron paradas en Vilamartín e no Barco para que o público puidese disfrutar de preto dos vehículos participantes.

O día 24 de outubro celebrábase a II Ruta Valdeorras Clasic coa participación de 55 coches clásicos que rodaron polas carreteiras da comarca de Valdeorras e Quiroga nunha comitiva chea de cor e de autenticidade. Clásicos de Valdeorras foi a organizadora do evento xunto con Escudería Clásicos de Ourense e co apoio do concello do Barco de Valdeorras, Vilamartín, Quiroga e Ribas de Sil.

Un total de 55 vehículos clásicos que a veciñanza do Barco puido ver ás 13.00 horas no campo da Festa do Barco nun gran ambiente de afluencia de público que se achegou ata O Malecón para gozar do cheiro a gasolina e contemplar de preto as características dos diferentes bólidos.

Esta ruta, que vai pola súa segunda edición, contou coa presenza de importantes figuras do motor como Garagem Aurora, Casla Motor Sport Ourense o Garaje Galicia de Ourense.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies