Image Alt

A música tradicional resoará no castelo do Bolo esta fin de semana

A música tradicional resoará no castelo do Bolo esta fin de semana

O 30 de outubro cantoras, trompetistas e gaitas, achegaranse ao castelo de O Bolo para homenaxear ao músico coruñés Xosé Casal e recordar a Dona Urraca.

 

Esta fin de semana, en concreto o próximo día 30 de outubro, celebrarase o IV Festival e Feira Medieval no castelo do Bolo. Os actos festivos comezarán xa pola mañá coa inauguración da feira e o mercado medieval ás 11.00 horas e continuarán a partir das 17.30 da tarde coa celebración do festival musical que contará coa participación de músicos como os trompetistas medievais, a Banda de Gaitas do Cocnello do Bolo, a Banda de Gaitas da Deputación ou a Agrupación Os Gaiteriños da Coruña. No evento realizarase unha homenaxe a Xosé Casal, polifacético gaiteiro coruñés e cuxa imaxe aparece representada no cartel do evento.

Tamén actuarán as Cantoras de Trives, as Cantareiras da Real Banda, Jacinta Fernández (cantora da seitura de Lentellais), Xabier Franco (gaiteiro á usanza medieval) ou Roxelio de Acebeda e Xoán Carlos Rilo.

Sen dúbida unha das actuacións máis notables e recoñecidas é a achega de María do Ceo ata o concello bolés para participar tamén neste evento musical.

No festival estrearase tamén un romance homenaxe a Dona Urraca, persoaxe histórico que se sitúa en diversos lugares da comarca valdeorresa entre eles o concello do Bolo no que deixou a súa pegada histórica.

O festival foi presentado onte no Pazo Provincial polo alcalde do Bolo, Manuel Corzo, o presidente da Real Banda de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo, o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, e a cantante María do Ceo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies