Image Alt

Deporte e viño na I Edición da BTT da Ruta do Viño de Valdeorras

Deporte e viño na I Edición da BTT da Ruta do Viño de Valdeorras

A marcha de montaña achegou 150 participantes que disfrutaron da paisaxe, o viño e a natureza na comarca.

Esta fin de semana 150 bikers participaron na I Edición da BTT da Ruta do Viño de Valdeorras que recorreu 61,7 km pola comarca de Valdeorras pasando por cinco concellos da comarca: O Barco, Rubiá, Vilamartín, A Rúa e Petín. O desnivel máximo foi de 600 metros e o mínimo de 300.

Os participantes nesta proba non competitiva chegaron desde toda Galicia e desde outras comunidades como León ou Asturias, pero tamén se achegaron multitude de veciños e veciñas do Barco e contorna para participar nesta marcha de montaña en bicicleta.

A proba, que se leva a cabo desde a Ruta do Viño de Valdeorras dentro das actividades de promoción do enoturismo, pasou por diferentes bodegas da comarca coa intención da promoción das mesmas.

A Natureza, a paisaxe, o deporte e o viño, foron os protagonistas desta cita que conseguiu o seu cometido: a promoción turística de Valdeorras a través do enoturismo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies